Sábado, 26 de Setembro do 2026
O Concello de Castrelo de Miño pon en marcha, a partir do mes de outubro, unha programación de actividades gratuítas para adultos, pensada para fomentar a participación, o benestar e a convivencia entre os veciños e veciñas do municipio.
As actividades desenvolveranse os luns, de 17:00 a 19:00 horas, na aula multiusos do Albergue de Barral; os mércores, de 18:00 a 20:00 horas, no Local Social de Macendo; e os xoves, de 17:30 a 19:30 horas, no Pavillón Municipal de Vide-Astariz.
Animamos a todos os veciños e veciñas a participar e desfrutar destas actividades gratuítas que o Concello de Castrelo de Miño pon á disposición da cidadanía.

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com