Ir arriba

Martes, 19 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Escudo

En campo de gules, unha ponte de prata, mazonado de sabre, do mesmo xeito que a torre, ambos sobre augas de río con ondas de azur e prata.

As ondas representan ao río Miño ao seu paso por Castrelo. Pola súa banda, a ponte fai alusión á construída por San Pedro Telmo no século XIII e que unha riada destruíu no ano 1550. A Cruz de Malta refírese a que a Orde de San Xoán de Xerusalén ou de Malta tivo Encomenda de señorío eclesiástico e civil en Castrelo debido ás concesións da Casa de Trastámara, pasando co tempo a ser prioritario da mesma Orde Militar. Por último, a torre simboliza a do castelo que a principios do século XII cumpriu a súa misión de valladar de Diego Xelmírez nos seus intentos de pasar o río, e onde prenderon ao entón rei Alfonso VII, xuntamente co bispo e a condesa de Traba, esposa do ayo do rei, don Pedro Froilaz.

Galería

Escudo de Castrelo de Miño
Escudo de Castrelo de Miño
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com