A través da páxina oficial do Concello de Castrelo de Miño pódese consultar toda a actividade da institución, noticias, convocatorias públicas ou trámites, entre outros. Buscase cumprir cos estándares de transparencia pública, rendición de contas e fomento da Administración 2.0.
Castrelo.gal quere ser ventá aos cidadáns e visitantes ante o enorme potencial turístico e económico do noso municipio, encadrado na Denominación de Orixe Ribeiro, e onde se concentra o maior número de hectáreas desta.
A viticultura é o motor económico do municipio e iso tradúcese nas súas 10 adegas e nos seus 14 colleiteiros. Castrelo conta tamén cun importante patrimonio cultural e histórico da época castrexa e con arquitectura relixiosa do século XII que potencia o seu atractivo turístico, tamén da man do deporte e do seu encoro, que permite gozar de actividades acuáticas nunha contorna inigualable.
A paisaxe, a auga, o viño e a natureza compoñen Castrelo de Miño.
Marta Gonzalez e Julita Martinez son as dúas veciñas promotoras de Castrelo de Miño, responsables dos proxectos seleccionados para o noso concello, un deles en Vide e outro en...