Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Venres, 19 Maio do 2017

Castrelo de Miño presenta a iniciativa cultural "Castrum Minei" para potenciar o Camiño Miñoto-Ribeiro

O Concello de Castrelo de Miño puxo en marcha unha nova iniciativa cultural encadrada no Camiño Miñoto-Ribeiro que busca potenciar este traxecto a través da visita de puntos de interese histórico. Xunto coa exposición itinerante "Queremos SaudArte", Castrelo, como un dos municipios que busca a oficialización do camiño, presenta "Castrum Minei", unha nova actividade para o fomento turístico.

Galería de fotos

Castrelo de Miño presenta a iniciativa cultural
Este proxecto anima aos visitantes de Castrelo de Miño a coñecer en primeira persoa as termas de O Diestro, a Igrexa de Santa María e A Ponte, lugares que séculos atrás eran paso para os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela.

Para o caso, no lugar da Ponte atopábase a antiga ponte -presumiblemente- romana destruída en 1550 por onde cruzaban o río Miño, e que se localizaba entre a presa e a actual ponte. Antes de tomar camiño para seguir polo Ribeiro cara a Compostela, as persoas que peregrinaban descansarían en Santa María (no seu día, un mosteiro da Orde de San Xoán de Xerusalén) e acudirían ás termas de O Diestro para curar as súas doenzas.

Por iso hoxe, para rememorar a mesma viaxe que no seu día realizaban, a modo de peregrinación os visitantes acudirán a eses tres puntos para, despois, selar a súa Credencial cultural e recibir a Castreleira. A credencial poderana atopar en calquera dependencia municipal (TurCastrelo, Casa do Concello, Castrelo.Info, etc.) ou na páxina web do concello para a súa impresión, a cal deberá ser cuberta cos datos do peregrino cultural e selada e depositada en TurCastrelo (edificio do Parque Náutico, Alejandro Ferrer, 2) ou en Castrelo.Info (Alejandro Ferrer, 7). Unha vez recibida, a través do correo electrónico a persoa interesada recibirá a Castreleira, a acreditación de realizar parte do tramo castrelominense do Camiño Miñoto-Ribeiro.
 

Primeiras visitas

Para celebrar esta nova iniciativa, o concello, a través da Concellería de Educación, convidou as nenas e nenos de infantil e primaria do CEIP de Castrelo a ser as primeiras testemuñas en realizar este tramo. Acompañados dos seus profesores e profesoras, ao redor de trinta rapaces e rapazas acudiron a Santa María, ao barrio da Ponte, ás termas de O Diestro e á exposición itinerante "Queremos SaudArte desde o Camiño Miñoto-Ribeiro" que reivindica este camiño. Precisamente, os nenos e nenas aproveitaron para deixar a súa pegada na exposición cunha pedra que recolleron na zona termal e que logo pintaron con acrílico, para recibir, da man da concelleira de Educación, Maribel Rodríguez, a Castreleira.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com