Ir arriba

Xoves, 18 de Abril do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Mércores, Xoves, 18 de Abril do 2024

CONTAMOS TODAS

Unha actividade do Fondo Galego da que o Concello de Castrelo de Miño forma parte como asociado. A actividade relizarase este venres día 30 de novembro as 18:00. Enfocado para alumnos de Instituto, unha actividade moi interesante.

Galería de fotos

CONTAMOS TODAS

O espectáculo "Contamos todas" pecha en Castrelo a xira por concellos do Fondo Galego
 
A Tropa de Trapo combina os contos cun obradoiro participativo para facer reflexionar á rapazada do municipio arredor da igualdade de xénero
 
Castrelo de Miño, 29 de novembro de 2018. A Tropa de Trapo pecha mañá venres en Castrelo de Miño a última edición da xira ?Contamos todas?, un espectáculo a prol da equidade de xénero que percorreu sete concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no mes en que se conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A actuación desenvolverase a partir das 18 horas no Centro de Día, onde a compañía compostelá mesturará historias contadas con música en directo e obradoiros participativos para facer reflexionar á rapazada.
Centrada na desigualdade e na violencia de xénero, a sesión abrirase cos contos ?As mulleres de Torneiros? e ?Liberia?, exemplos de vida de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións. Historias para pensar, casos de empoderamento, rebeldía e superación. A actividade leva aparellado un obradoiro no que se contará coa opinión das e dos estudantes, para rematar representando as súas propias propostas mediante o emprego de técnicas do Teatro da Oprimida. Ademais de Castrelo, a proposta recalou nos municipios de Moraña, Soutomaior, A Laracha, A Guarda, Porto do Son e Castrelo de Miño.
A Tropa de Trapo
Marta Ortiz e Brais das Hortas levan dez anos percorrendo a xeografía galega como A Tropa de Trapo, un proxecto co que recollen e crean contos para levalos a escena con música en directo, ben con instrumentos habituais como con outros elaborados a partir de refugallos. Os seus espectáculos, de carácter participativo, buscan un equilibrio entre entreter e educar, cun trasfondo social e unha vertente pedagóxica coidada. Por un lado, ritmo, música, narración áxil e pingas de humor. E, por outro, a convicción profunda da necesidade de falar de valores como a liberdade, a solidariedade, o respecto ou a igualdade.
 
O Fondo Galego
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 96 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.
 
 
ÁREA DE COMUNICACIÓN
Carmen Novas    616 145 077
comunicacion@fondogalego.org
 
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com