Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, 06 Abril do 2017

Tres alumnas do colexio de Castrelo gañan no concurso do Estatuto de Galicia da Deputación de Ourense

Tres rapazas do CEIP de Castrelo de Miño recolleron hoxe en Ourense o premio por ser unha das gañadoras da cuarta edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar da Deputación de Ourense.

Galería de fotos

Debuxo de Lucía.
Debuxo de Marta.
Debuxo de Noa.
Miguel Ángel encargouse de recoller o diploma de agradecemento ao CEIP de Castrelo de Miño.
Tres alumnas do colexio de Castrelo gañan no concurso do Estatuto de Galicia da Deputación de Ourense
Nun acto celebrado esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, entre outras autoridades, conmemoraron o 36 aniversario da nosa Lei Básica a través dun concurso que buscou recoñecer o papel do autogoberno galego e da creación das súas institucións baixo o lema "A nosa lingua". Precisamente, o contido do artigo quinto da Lei Orgánica 1/1981 era a liña que debían seguir as creacións que os participantes deberían entregar, expoñendo nestas o significado de ter lingua propia.

O colexio de Astariz conta con 29 alumnos, unha cifra afastada aos centos de estudantes que pode albergar calquera outro centro, especialmente nas cidades. Con todo, caracterízaselle polo seu dinamismo que, entre outras cousas, tradúcese na súa participación en multitude de concursos e na cantidade de premios conseguidos. Neste concurso promovido pola institución provincial, foron un total de 274 nenos e nenas os que participaron, sendo Castrelo merecedor de tres deles de un total de 12 gañadores.

Lucía Zamora, de 1º de Primaria
Noa Pérez, de 6 de Primaria
Marta Villar, de 4º de Primaria
 
As tres concursaron na categoría de debuxo e traballo artístico de Educación Primaria e mereceron un diploma, varios libros e uns cascos. Ao acto acudiron, ademais das premiadas e de dúas das súas profesoras, tres alumnos máis do centro que, a pesar de participar pero non gañar, non quixeron perderse o recoñecemento aos seus compañeiros.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com