Ir arriba

Venres, 29 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Martes, Venres, 29 de Marzo do 2024

Bando 7/2018: Axudas para reestruturación e reconversión de viñedo

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 7/2018: Axudas para reestruturación e reconversión de viñedo
FAGO SABER que O Diario Oficial de Galicia publica este 16 de abril a Orde da Consellería de Medio Rural pola que convoca as axudas para plans de reestruturación e reconversión da viña para este ano 2018. O financiamento destas axudas procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía, por un importe de 200.000 € para este ano, 700.000 € para o ano 2019 e de 500.000 € para o ano 2020. 
Beneficiarios: As persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación.
Estas axudas poderán subvencionar tanto plans individuais (unha persoa), como colectivos (a partires de cinco persoas viticultoras)
Actuacións subvencionables: Reimplantación de viñas, Reconversión varietal, Mellora das técnicas de xestión de viñas.
Importe das axudas:
- Custos de reestruturación e reconversión da viña (50 % dos custos subvencionables tanto para os plans colectivos como individuais).
- Compensación pola perda de ingresos derivada da aplicación do plan (1.627,50 euros/ha e campaña, de ser o caso).
Condicións dos plans de reestruturación e reconversión da viña:
Para poder acceder a estas axudas, cumpriranse as seguintes condicións:
A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos 0,2 hectáreas para os plans individuais e unha hectárea (1 ha) para os plans colectivos.
A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida será polo menos de 100 m2. Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a accións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no Rexistro Vitícola de Galicia.
Prazo para presentar as solicitudes: Ata o 16 de maio de 2018.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Castrelo de Miño, 24 de abril de 2018
Xurxo Rodríguez Méndez
Para ampliar información poden dirixirse á Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia ou á Delegación da Consellería do Medio Rural en Ourense.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com