Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, 15 Febreiro do 2018

Presentación do Campionato Galego de Piragüismo

Galería de fotos

Presentación do Campionato Galego de Piragüismo
Máis de 500 deportistas participarán no Campionato Galego de Piragüismo que se celebrará no Parque Náutico de Castrelo de Miño o día 24 de febreiro, a partir das 10.00 horas. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e a concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez e Maribel Rodríguez; o presidente do Club Fluvial Avión, Pedro Andrés García; e o presidente e o delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea e José Manuel Fernández, respectivamente.

A Deputación de Ourense colabora con esta proba que "pon en valor o noso territorio dando a coñecer as potencialidades turísticas da nosa provincia", salientou Rosendo Fernández, quen destacou ao Concello de Castrelo de Miño "como un lugar de referencia a nivel nacional e internacional, que escollen numerosas seleccións e equipos para realizar os seus períodos de adestramento".

O presidente do Club Fluvial Avión explicou que se trata dun evento "no que esperamos unha participación de máis de 500 palistas", e Alfredo Bea dixo que no campionato "estarán os mellores clubs galegos, poñéndose ao nivel dun campionato nacional de calquera país de Europa". Asemade, o presidente da Federación Galega de Piragüismo afirmou que Ourense vai a ser este ano, "a capital do piragüismo galego, acollendo tres campionatos de fondo da Federación Galega, porque as instalacións e as láminas de auga que temos aquí son as mellores de Galicia".

Pola súa parte, o alcalde de Castrelo de Miño explicou que este ano "iniciamos de novo a colaboración coa Federación Galega de Piragüismo para traer novas modalidades deportivas ao encoro de Castrelo e ao seu parque náutico", e agradeceu á Deputación de Ourense que continúe a colaborar "no desenvolvemento deste gran circuíto de probas náuticas e deportivas, que é un centro de referencia na provincia de Ourense".
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com