Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Venres, 02 Febreiro do 2018

O Concello de Castrelo de Miño participou nunha nova reunión do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Na reunión celebrada o día 30 de xaneiro o Fondo Galego de Cooperación fixo balance das actividades de sensibilización e dos proxectos no Sur executados en 2017 e presentou o novo plan de acción.
O Concello de Castrelo de Miño participou nunha nova reunión do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O Concello de Castrelo de Miño participou o 30 de xaneiro na xuntanza da Rede Municipalista Solidaria, conformada por persoal das administracións locais e provinciais integradas no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Nestes encontros, a Secretaría Técnica da entidade fixo balance dos proxectos de desenvolvemento apoiados en países empobrecidos ao longo de 2017, así como das actividades implementadas polas deputacións e concellos socios para concienciar fronte as desigualdades. Ao tempo, presentou as accións para o ano en curso, recollendo as achegas das e dos participantes.

En 2018, está previsto continuar captando novas administracións socias e seguir sensibilizando á cidadanía galega a través de actividades como dúas exposicións fotográficas, unha das cales será presentada polo propio reporteiro Adrián Irago. Tamén continuará o programa de cooperación técnica Vacacións con Traballo e desenvolveranse novos proxectos no Sur canda ONGD galegas, entre outros. Nas xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria recolleranse as suxestións do persoal técnico municipal e provincial para o plan anual, pois nestes encontros o obxectivo é favorecer a circulación da información para realizar un traballo eficaz.
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com