Ir arriba

Martes, 19 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

INSTALACIÓNS / Servizos Sociais

Casa do Maior - Castrelo de Miño

  • Carretera Ourense-Cortegada nº18-A / Vide / 32430 Castrelo de Miño / Ourense
  • Teléfono: 619854494
  • Enderezo-e: casadomaior.castrelodemino@gmail.com
  • Horario: DE 9:00 ATA 17:00 H. DE LUNS A VENRES

Información

A Casa do Maior de Castrelo de Miño está destinada a contribuir na atención e prevención da dependencia e mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 60 anos en situación de dependencia moderada ou severa, grao I e grao II e aos maiores de 60 anos sin dependencia.
Ofrece unha atención integral e personalizada que cubrirá as súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e tempo libre, de tal modo que se procure o seu mantemento no medio social habitual evitando o internamento en institucións, cando isto non sexa o desexado ou cando non existan preto do seu domicilio habitual.
Pagaranse 100€ o mes polo seu servizo de almorzo e xantar ou, se fan soamente unha comida, a parte proporcional. Se non comen é un servizo totalmente gratuito financiado por la Xunta de Galicia.
Como novidade, se as persoas usuarias queren facer uso do servizo de desprazamento, e así o comunican, a promotora poderá buscalos e levalos do seu domicilio á Casa do Maior e viceversa.

Galería de fotos

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com