Martes, 06 de Maio do 2025
O domingo 6 de xaneiro recibiremos ós reises magos en Castrelo, que desta ocasión virán en barco.
Esperarémolos nos pantaláns do Náutico de Castrelo, e logo acompañarémolos no seu percorrido polo Concello, ata o pavillón de Astariz.
Alí recibirán ás nenas e nenos, onde lle entregarán agasallos.
Teremos tamén festa para eles, con hinchables, e ponis para montar (de xoguete)
E como ven sendo habitual remataremos cunha chocolatada e roscón de reis.
Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100
Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com