Ir arriba

Xoves, 28 de Marzo do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Mércores, Xoves, 28 de Marzo do 2024

Bando 20/2017: Alerta por sequia. Consumo responsable de auga

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).
Bando 20/2017: Alerta por sequia. Consumo responsable de auga
FAGO SABER que a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil declarou a alerta por sequía na demarcación do Miño Sil, debido á escasez de chuvias rexistradas na conca hidrográfica nestes últimos meses, o que provocou que os caudales circulantes sexan moi inferiores aos normais nesta época do ano.
Polo tanto, nunha situación excepcional coma esta, solicítase a colaboración de todos os veciños no consumo responsable da auga, recordándolle a todos que:
-  A auga do abastecemento non se pode usar para regar nin para outros fins que non sexa o consumo humano.
-  Débense adoptar medidas de aforro de suministro en usos e destinos non prioritarios.
-  Para evitar ter que aplicar medidas como a reducción da presión na rede, ou realizar restriccións temporais de auga, prégase un consumo responsable da auga que beneficiará a todos os veciños  e veciñas.
Naqueles casos en que se aprecie que se fai un uso indebido ou desproporcionado do consumo e utilización da auga, procederase á adopción das medidas correctoras pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento
Castrelo de Miño, 9 de outubro de 2017
Xurxo Rodríguez Méndez 
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com