Ir arriba

Mércores, 11 de Decembro do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Pleno municipal

O Pleno municipal é o órgano integrado por todos os concelleiros e presidido polo alcalde. Correspóndenlle as funcións de control e a fiscalización dos órganos de goberno, así como a aprobación do regulamento orgánico e as ordenanzas, a aprobación e modificación dos orzamentos, a aprobación da forma de xestión dos servizos públicos ou a aprobación do persoal e da relación de postos de traballo (RPT), entre outras.

No Pleno extraordinario celebrado o 31 de agosto de 2020 acordouse que as sesións ordinarias do Pleno terían unha periodicidade bimensual, o segundo xoves dos meses impares de cada ano natural ás 13:30 horas. A normativa estatal establece que o Pleno celebrará sesión extraordinaria cando así o decida o Alcalde-Presidente ou o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da Corporación, sen que ningún concelleiro poida solicitar máis de tres anualmente.

Durante o mandato 2019-2023 o Pleno confórmano 9 concelleiros e concelleiras conforme ao artigo 179.1 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral. As eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019 outorgaron tres concelleiros ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), tres ao Partido Popular (PP) e tres ao Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).
 
  • Esteban Suárez Méndez (BNG) (Grupo Municipal Nacionalista)
  • Sonia Taboada González (BNG) (Grupo Municipal Nacionalista)
  • Rita María Lago Ozores (BNG) (Grupo Municipal Nacionalista)
  • Avelino Pazos Pérez (PP) (Grupo Municipal Popular)
  • José Antonio Ferreiro Ferreiro (PP) (Grupo Municipal Popular)
  • Naiara Mato Villanueva (PP) (Grupo Municipal Popular)
  • Catalina González Álvarez (PSdeG) (Grupo Municipal Socialista)
  • Francisco Pérez Iglesias (PSdeG) (Grupo Municipal Socialista)
  • Jaime Fontanes Villamarin (PSdeG) (Grupo Municipal Socialista)
 
 
 

Descargas

 
 
 

Resultados electorales

 
2015
Partido Escanos Votos Porcentaxe
B.N.G. 5 545 49.05 %
PP 3 357 32.13 %
PSdeG-PSOE 1 193 17.37 %
 
2011
Partido Escanos Votos Porcentaxe
B.N.G. 5 746 52.83 %
PP 2 379 26.84 %
ICM 1 143 10.13 %
PSdeG-PSOE 1 138 9.77 %
 
2007
Partido Escanos Votos Porcentaxe
PP 5 663 43.39 %
B.N.G. 3 413 27.03 %
PSdeG-PSOE 3 333 21.79 %
ICM 0 111 7.26 %
 
2003
Partido Escanos Votos Porcentaxe
PP 7 962 63.96 %
B.N.G. 2 274 18.22 %
PSdeG-PSOE 2 251 16.69 %
 
1999
Partido Escanos Votos Porcentaxe
PP 7 1.006 61,83%
B.N.G. 2 335 20,59%
PSdeG-PSOE 2 286 17,58%
 
1995
Partido Escanos Votos Porcentaxe
PP 7 986 57,39%
B.N.G. 2 414 24,10%
PSdeG-PSOE 2 318 18,51%
 
1991
Partido Escanos Votos Porcentaxe
PP 8 1.028 58,54%
PSdeG-PSOE 4 498 28,36%
CC-CDS 1 230 13,10%
 
1987
Partido Escanos Votos Porcentaxe
PDP-PL-CG 7 892 47,35%
AP-CCG 4 584 31,00%
PSdeG-PSOE 2 344 18,26%
PNG 0 64 3,40%
Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com