Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Luns, 06 Marzo do 2017

Castrelo conmemora o Día da Muller con variadas actividades

Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo, as Concellerías de Deporte e Educación e a de Benestar do Concello de Castrelo de Miño presentan para este ano as actividades para conmemorar o día en que se reivindica o papel das mulleres na sociedade en prol da consecución da igualdade co home.

Galería de fotos

Castrelo conmemora o Día da Muller con variadas actividades
As actividades están encamiñadas a buscar o autocuidado e o benestar da muller, tanto física, como psíquica e socialmente a través de tres áreas: o deporte, o lecer e tempo libre e a participación social. Todas elas están pensadas para todas as idades, son gratuítas e planificáronse para ser atractivas para todas as persoas.

A programación será de tarde e inclúe un taller de risoterapia, merenda, debates, baile e relaxación e estarán supervisadas por técnicos en Deporte, educadores familiares, unha traballadora social, un profesor de baile e unha voluntaria do Consello Infantil de Castrelo.

Elixiuse un espazo amplo e aberto para todas elas, as instalacións do Parque Náutico de Castrelo, aínda que con posibilidade de realizalas a cuberto se o tempo non acompaña.
 
O calendario de actividades será o seguinte:

17:00 - Actividade de risoterapia
18:00 - Merenda "de-batida" (Merenda saudable + debate temático)
19:00 - Obradoiro de baile
20:00 - Sesión de relaxación
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com