Ir arriba

Venres, 19 de Abril do 2024

Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, Venres, 19 de Abril do 2024

Bando 04/2017: Bono coidado

XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE). FAGO SABER que a Conselleria de Política Social conta puxo en marcha un programa de bono coidado.
Bando 04/2017: Bono coidado
Que é o bono coidado?
O Bono coidado é unha achega económica ás familias para contribuir ao pagamento de servizos de atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos en supostostos puntuais.

Para quen?
Poderán beneficarse as familias con nenos e nenas menores de 3 anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais dereivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares

Que requisitos hai que cumprir?
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
    Ter unha nena ou neno nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2014
    Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supere os 45.000€ ou os 13.500€ per cápita.

     
Cal é o seu importe?
  • Ata 3.750 € de renda percápita familiar 14€/hora
    Superior a 3.750 € e ata 7.500 € de renda per cápita familiar 11 €/hora
    Superior a 7.500 € e ata 10.000 € 9 €/ hora
    Superior a 10.000 € e sempre que non se supere os topes establecidos 7€/hora
 
Subvencionaranse un máximo de 60 horas por familia para a anualidade 2017

Prazo
As solicitudes na sede electrónica poden presentarse ata o 30 de setembro de 2017
 
O que se fai público para xeral coñecemento.
Castrelo de Miño, 3 de abril de 2017.


Xurxo Rodríguez Méndez

Descargas

Concello de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com