Ir arriba

Jueves, 28 de Marzo de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Jueves, Jueves, 28 de Marzo de 2024

Parque acuático no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Abriuse prazo dun mes para que todos os interesados poidan presentar propostas. Deberán dirixirse á comisaria de augas da Confederación Hidrográfica Miño - Sil, rúa do Progreso número 6, Ourense.

Galería de fotos

Parque acuático no Parque Náutico de Castrelo de Miño.
O concello de Castrelo de Miño solicitou autorización ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para establecemetno de baños ou zonas recreativas e deportivas nas canles públicas, no rio Miño, á altura do Parque Náutico de Castrelo, para uso destinado a parque acuático.
De conformidade co artigo 75.c do Regulamento de dominio público hidráulico aprobado por Real decreto 849/1986, de 11 de abril, e segundo o disposto no artigo 105 do devandito regulamento ábrese o prazo dun mes, a contar desde a data da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (nº 136 15-06-2017), para que o peticionario presente nesta Confederación Hidrográfica a súa petición concreta e o proxecto debidamente precintado, conforme coas prescricións do artigo 106 do devandito texto, Admítense tamén, durante este prazo, outras peticións que teñan o mesmo obxecto que aquela. Polo tanto calquer outro interesado pode presentar propostas nas oficinas da Comisaria de Augas da CHM-S ata o dia 15 de xullo de 2017.
O desprecintado dos documentos técnicos, a que se refire o artigo 107 do citado regulamento, realizarase nas oficinas da Comisaría de Augas desta Confederación Hidrográfica, (Progreso n.º 6 - Ourense), ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil despois dos seis días da conclusión do prazo de presentación de peticións.
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com