Ir arriba
Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Jueves, 12 Marzo 2020

NOTA INFORMATIVA: AXUDA Á MOCIDADE

O luns 9 de marzo de 2020 establecéronse as bases reguladores para facilitar a obtención dos permisos de conducción B e C para a mocidade galega.
NOTA INFORMATIVA: AXUDA Á MOCIDADE
Gasto subvencionable e contía da axuda:

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de conducción de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C. 
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde. 

Requisitos: 

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude: 

a.- Ter cumpridos os 18 anos.
b.- Estar empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano. 
c.-Estar inscritas no SNGX (Sistema Nacional de Garantía Xuvenil) e figurar como beneficiarios  no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 
d.- Estar matriculados nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitue. 
Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com