Ir arriba

Martes, 19 de Marzo de 2024

Cargando ...
/
el tiempo
Búsqueda de noticias

Noticias de Castrelo

  • Martes, Martes, 19 de Marzo de 2024

Castrelo de Miño contará con dúas Casas do Maior

Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela, coa presencia do Presidente da Xunta e da Conselleira de Política Social, o acto de entrega dos títulos das primeiras Casas do Maior de Galicia aos alcaldes dos concellos e aos impulsores de cada iniciativa. De 30 proxectos seleccionados en toda Galicia, 2 deles verán a luz en Castrelo de Miño.

Galería de fotos

Conselleira de Política Territorial, Marta González, Alcalde de Castrelo de Miño e Julita Martínez.
Castrelo de Miño contará con dúas Casas do Maior

Marta Gonzalez e Julita Martinez son as dúas veciñas promotoras de Castrelo de Miño, responsables dos proxectos seleccionados para o noso concello, un deles en Vide e outro en Cortiñas.

As casas do maior, son un proxecto piloto do que van poder disfrutar os veciños e veciñas de Castrelo de Miño a partires do mes de abril. É un servizo que brindará atención profesional ás persoas maiores de 60 anos con dependencia moderada ou severa nos concellos de menos de 5.000 habitantes.

En canto ás características destas casas do maior, nelas poderase atender a cinco maiores en cada unha delas, durante un máximo de oito horas diarias, con flexibilidade horaria e garantías de seguridade e calidade.

 

Estas axudas concederonse en réxime de concorrencia competitiva, e a profesional que as atenda deberá vivir no propio concello.
No mes de setembro de 2018 o concello organizou unha xornada informativa aberta a toda veciñanza na que se daba cumprida información destas axudas e se animaba aos veciños/as a dar o paso con esta iniciativa novidosa, vista a experiencia tan positiva do funcionamento da Casa Niño, unha iniciativa similar, na que tamén colaborou o concello.
Desde o concello de Castrelo de Miño colaborouse desde ese momento coas iniciativas emprendedoras xurdidas desa reunión e o alcalde manifestou a súa satisfacción por poder contar cun novo servizo no noso concello: "Nos ultimos anos fomos capaces de conseguir as axudas necesarias para contar no noso concello cunha Casa-Niño para atender aos cativos de 0 a 3 anos, mellorar as instalacións do CEIP de Castrelo de Miño para os nenos de 3 a 12 anos, ter unha Vivenda Comunitaria para os nosos maiores, e agora poder dispoñer de dúas Casas do Maior para atención de persoas con dependencia durante oito horas ao día".  Manifestou así mesmo que "con isto demostrase que o concello pode ser un instrumento para mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Castrelo para vivir é isto, poder atender e formar aos nosos nenos, e coidar aos nosos maiores".

 

Ayuntamiento de Castrelo de Miño

Avda. do Concello, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100

Copyright © 2017 Ayuntamiento de Castrelo de Miño. - Todos los derechos reservados // Privado - Diseño, maquetación y programación web a medida Grupo5.com