Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Axenda

Obradoiro de Procura de Emprego

  • mércores, 31 Maio do 2017
  • 10:30 h
  • Salón de Actos do Concello

Castrelo de Miño organiza para os meses de abril e maio dous obradoiros socioeducativos dirixidos ás familias do municipio e que versarán sobre dous ámbitos de interese e de actualidade: igualdade e emprego. 

O obradoiro de "Igualdade de xénero" terá lugar os días 5 e 19 de abril, de 10:30 a 12:30 no Salón de Actos do concello, e marca como obxectivo sensibilizar sobre a igualdade de xénero, empoderando o xénero feminino. Se traballarán contidos relacionados con diferenzas entre xénero e sexo, estereotipos e roles de xénero ou accións encamiñadas á igualdade, entre outros.

Con respecto ao obradoiro de "Procura de emprego", levarase a cabo os días 17 e 31 de maio, de 10:30 a 12:30 no Salón de Actos do concello. Tratarase de dotar aos participantes de estratexias encamiñadas á procura efectiva de traballo mediante a aprendizaxe de pasos necesarios para buscar emprego, habilidades persoais necesarias na súa procura, creación do curriculum vitae e dunha carta de presentación ou a práctica dunha entrevista persoal.

Estas actividades serán impartidas en colaboración coa Asociación Xarela Formación-Animación, e pretenden proseguir coa liña de iniciativas específicas de apoio e orientación ás familias que o concello iniciou meses atrás. As persoas interesadas poderán inscribirse e/ou obter máis información nas dependencias do concello e no 988 493 000.

Galería de fotos

Localización

Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com