Outras seccións
Avda. Alejandro Ferrer: 18 | 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf: 988 493 000 | Fax: 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.org | Web: www.castrelo.org

Terreo de 800 m2 que se atopa a 200 metros do Clube Náutico e das piscinas municipais. Ideal para edificación de chalet; boas vistas. A 20 minutos de Ourense pola autovía e a 10 de Ribadavia.
40.000 €

Casa de 140 m2 con patio e adega. Precisa reforma. Conta con todos os servizos (auga e luz). Conta cunhas magníficas vistas cara o río Miño.
9.000 € (a negociar)

Casa antiga de pedra de, aproximadamente, 100 m2. Ten un pequeno xardín de 40 m2 e na parte baixa da casa unha adega. Na planta darriba ten un salón, cociña, 3 habitacións, cuarto de baño e patio.
40.000 €

Típica casa de pobo que ten 2 plantas. Na planta baixa ten un baixo diáfano duns 85 m2. Na planta darriba dispón de 3 habitacións, salón, salita, cociña e cuarto de baño. A casa precisa unha pequena reforma. Posúe unha finca de 500 m2. Dispón de auga de pozo. O prezo é negociable. Mellor vela.
55.000 €

Antigo viñedo que ten unha extensión de 700 m2 ubicada entre Paradela e Cortiñas.
15.000 €

Casa de, aproximadamente, 110 m2 interiores divididos en adega e primeira planta. Ten paredes de pedra e non precisa reformas. Conta con todos os servizos básicos (luz e auga).
60.000 €