Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Novas de Castrelo

  • Xoves, 16 Marzo do 2017

Todas as actividades do colexio de Astariz na web da súa biblioteca

Todas as actividades do colexio de Astariz na web da súa biblioteca
Ben é sabido do carácter proactivo do CEIP de Castrelo de Miño, tanto dos seus alumnos e alumnas como do seu equipo educativo. Para testemuñalo, contan cun blogue no que publican todo este abanico de actividades educativas e culturais que realizan ao longo do curso académico:

http://bibliotecaoitopes.blogspot.com.es/

O Blogue da Biblioteca Oitopés naceu no ano 2013 para concentrar toda a actividade deste ámbito e segue activo a día de hoxe. Nel, ademais de coñecer as últimas novidades, mantéñense ligazóns para que o alumnado acceda a recursos educativos para as diferentes etapas que se imparten no colexio de Astariz.

Unha das últimas publicacións anímanos a votar polos clipmetraxes de varios alumnos e alumnas que concursan na oitava edición do Festival de Clipmetrajes de Manos Unidas.

Sorte e a seguir así!
 
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com