Ir arriba
Cargando ...
/
o tempo
Búsqueda de artículos

Como chegar

Castrelo de Miño é un municipio galego da provincia de Ourense, situado no noroeste do Estado e no corazón do Ribeiro. Para chegar ao noso municipio podes optar polo coche, o autobús, o tren ou mesmo desprazarte dentro del co noso servizo de transporte.
Coche

Coche

A arteria principal de Castrelo é a estrada OU-402, que une Ourense con Cortegada, e atravesa A Ponte, Santa María, Barral, San Estevo, Prado, Astariz e Troncoso.

Autovía A-52, Vigo-Benavente, que comunica con Ourense ou Madrid. Tomar a saída 252 dirección OU-402 cara Castrelo de Miño.
Autobús

Autobús

Anpian é a empresa que presta o servizo de transporte que conecta Castrelo de Miño con Ribadavia, Ourense ou Cortegada. Ten paradas en Astariz, Prado e Barral.

Para máis información de horarios e venda de billetes, visitar o sitio web de Anpian: www.anpian.com
BusCastrelo

BusCastrelo

Bus Castrelo
Dende o ano 2014, o Concello de Castrelo de Miño ofrece á veciñanza a posibilidade de desprazarse por todo o municipio con BusCastrelo por só 1 euro ou 2 no caso de que sexa ida e volta. Este servizo público de transporte conta con nove prazas e para contratalo basta con chamar o 988 493 000 cunha antelación mínima dun día antes das 11 da mañá, achegando o seu nome, domicilio e a zona á que quere desprazarse. O horario de viaxes é de mañá e os destinos son calquera que a persoa solicitante estime sempre que se atopen dentro do termo municipal.

Para máis información deste servizo municipal accede á Sede Electrónica para consultar a ordenanza: pulsar aquí
Tren

Tren

As estacións mais próximas son a de Ribadavia, a 6 km, e a de Ourense, a 29,6 km.

Para máis información, visitar o sitio web de Renfe: http://www.renfe.com
Avión

Avión

Aeroporto de Vigo-Peinador, a 75 km.
Aeroporto de Santiago de Compostela-Lavacolla, a 114 km.
Aeroporto de A Coruña-Alvedro, 168 km.

Para máis información, visitar o sitio web de Aena: http://www.aena.es
Concello de Castrelo de Miño

Avda. Alejandro Ferrer, 18 - 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf. 988 493 000 | Fax 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.gal

Copyright © 2017 Concello de Castrelo de Miño. - Todos os dereitos reservados // Privado - Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com