Saúdo do alcalde
Para min é un pracer podervos dar a benvida a esta páxina web, que pretende ser non só un espazo virtual de información, diálogo e punto de encontro entre todos os veciños de Castrelo de Miño, senón que ten a vocación de ser o escaparate do noso concello e da nosa xente cara ao mundo.
Desexo que esta páxina sexa un vínculo de unión para todos os veciños de Castrelo de Miño, aberta a calquera suxerencia ou iniciativa veciñal, e porta de acceso dos visitantes ao noso municipio.
Benvidos e grazas por visitarnos.
Xurxo Rodríguez Méndez

