Tes+bus
Tes+Bus permite a posibilidade de facer uso do autobús escolar a calquera persoa, polo prezo dun euro, sempre que existan prazas dispoñibles e podendo subir e baixar en calquera das paradas que se detallan a continuación:
- Albín – Colexio de Astariz: Albín – Casardeita – Meizo – San Pedro – Souto – Freás – CEIP Astariz
- Santa María – Colexio Astariz: Santa María – Pazo – Cortiñas – Cortiñas (tenda) – Barral (praza) – Barral (cruce) – Frieira – Prado – CEIP Astariz
- Noallo - Colexio Astariz: Noallo – Santo Estevo – Frieira – Parada – Souto – Prado – CEIP Astariz
Os días e horarios de funcionamento serán os do transporte escolar e no autobús viaxará unha persoa adulta responsable do servizo.
Este servizo terá especial importancia no momento que abra as súas portas o Centro de Día (situado nas inmediacións do Colexio), xa que permitirá que as persoas maiores se acheguen con maior facilidade a utilizar os servizos que ofrece o Centro.

