Centro de día
O edificio estará dotado con baños e servizos adaptados, sala de coidados, sala de atención persoal, así como varios salóns polivalentes onde se realizarán actividades de rehabilitación, terapia ocupacional e animación sociocultural, supoñendo un investimento de 214.161 euros.
Para a Alcaldía esta obra ten un carácter prioritario, xa que máis dun 40% dos veciños do Concello teñen unha idade superior aos 65 anos, e precisan de servizos acordes as súas necesidades. Conseguirase con este centro de servizos de benestar, prolongar a estancia dos nosos maiores no seu propio fogar e entorno o máximo tempo posible.
A súa posta en funcionamento xerará varios postos de traballo para os veciños de Castrelo, grazas á formación do obradoiro e aos distintos cursos de axuda a domicilio.

