Servizo de arquitectura
O novo servizo de arquitectura do Concello de Castrelo de Miño está a disposición de tódolos veciños e veciñas que precisen facer xestións como a solicitude de licencias de obra, parcelación, apertura, actividade ou primeira ocupación; consultas sobre as condicións urbanísticas e o PXOM; tramitación de subvencións para rehabilitacións e de expedientes de ruína ou a emisión de certificados técnicos.
