Punto de Información Catastral (PIC)

O Concello de Castrelo de Miño puxo en funcionamento un novo servizo: o Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de darlle resposta á crecente demanda de información catastral por parte de numerosos veciños que non dispoñen dos medios técnicos axeitados. Para facer uso deste servizo só é preciso facer unha solicitude, para o que fará falla presentar a seguinte documentación:

  • Se a persoa é o titular dos bens inmobles, só o DNI.
  • Se é un representante do titular, DNI do representante, copia do DNI do titular e autorización asinada polo titular.
  • Se se trata do herdeiro dos bens (enviarase a solicitude xunto coa documentación aportada á Xerencia Territorial do Catastro para a súa tramitación) aportará documentación xustificativa do parentesco e o certificado de defunción.

Dende o PIC das oficinas do Concello de Castrelo de Miño, o titular catastral, ou o seu representante, pode acceder aos seguintes servizos:

  • Consulta libre de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Consulta e certificación electrónica de datos protexidos dos titulares catastrais, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.

O PIC do Concello de Castrelo de Miño atende as demandas de información catastral de tódolos veciños, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.