Portelo único da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado
Na actualidade xa non é necesario ir as distintas administracións, xa que na Casa do Concello non só se poden realizar xestións municipais, senón que tamén é posible presentar documentación ou instancias dirixidas a calquera Consellería ou departamento que forme parte da Xunta de Galicia, e tamén presentar documentación dirixida a Administración Xeral do Estado.
