Información sobre emprego, desenvolvemento local, axudas e subvencións.

Os veciños de Castrelo de Miño podedes acceder de diversas formas a información que emite o Concello.

En formato papel, coa publicación de bandos nos taboleiros situados en tódalas parroquias do concello, e, a partir de agora a través desta nova revista, de periodicidade trimestral e distribución gratuíta.

Os usuarios de internet poden informarse consultando a páxina web do concello www.castrelo.org, na que se publican tódolos bandos municipais así como as noticias sobre actividades, festas, campionatos deportivos, etc. que acontecen no concello.

A través da radio, no 96.6 da FM, en Radio Ribeiro da Cadena Ser tódolos xoves a partir das 13.00 horas. E como non, a través das novas que aparecen nos diversos medios de comunicación habituais como diarios, radio ou televisión, e que son elaborados polo departamento de comunicación do concello.