A feira de Castrelo

Centos de comerciantes, labregos e artesáns de Castrelo de Miño, compradores e visitantes ateigaron o Parque Náutico, que se mostrou como un lugar privilexiado para a organización desta actividade. A Feira de Castrelo consolídase na súa data de último domingo do mes, sendo un referente na comarca e en toda a provincia, o que se demostra a través do seu continuo crecemento.

Ven Xantar a Castrelo!: Na parte gastronómica pódese elixir entre polbo á feira, churrasco, callos, carne richada,... e comer nunha ampla zona de xantar cuberta para máis de 500 comensais.

Ven Mercar a Castrelo!: A oferta de postos é moi abundante, podéndose mercar roupa, calzado, música, artesanía, produtos para o agro e a adega, alimentos, animais,... e na Carpa Municipal os propios veciños do concello expoñen e venden produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño. E ademais de mercar e xantar, na Feira hai diversión, xa que cada mes ten un tema en torno o cal se fan distintas actividades. Ata o momento fixéronse unha xuntanza de granxeiros virtuais, voos en globo aerostático, rutas en segway, un concurso de tractores, unha homenaxe a Portugal, espectáculos de maxia, actividades relacionadas ca pesca e concerto de zanfonas entre outras, tendo todas elas cunha grande acollida entre os participantes.

Agardámoste nas vindeiras Feiras de Castrelo.