Aposta pola Compostaxe

O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente organizou unhas xornadas de divulgación e promoción da compostaxe doméstica e de minimización de residuos.Estas xornadas realizaronse en Prado, Cortiñas e Macendo e tiveron unha participación moi numerosa. Os veciños de Castrelo de Miño mostraron a súa sensibilidade medioambientel e todos os asistentes a estas xornadas recibiron un composteiro e un manual de uso de agasallo para levar á práctica as ensinanzas adquiridas na xornada de formación.

Con esta iniciativa o concello de Castrelo de Miño promoveu a autocompostaxe e a diminución do lixo que se verte nos contenedores verdes, e que suporá un importante aforro. Mediante este proceso os resíduos orgánicos transfórmanse nas hortas dos propios veciños nun substrato con moitas máis cualidades que as dun simple abono.

O contido e enfoque da campaña foi encamiñado non só á utilización e manexo dos compostadores, senón tamén á comprensión dos ciclos presentes na horta e xardín para que o destinatario se sinta protagonista do proceso. As charlas foron impartidas por un educador ambiental con formación e experiencia en temas de compostaxe e prácticas agrarias ecolóxicas. Tod@s @s participantes teñen tamén ao seu dispor un número de teléfono e enderezo de correo electrónico para a recollida e resolución de dúbidas, comentarios e suxestións.