Padroado
Dez institucións públicas e Gas Natural Fenosa, manifestan o seu apoio ao Parque Náutico de Castrelo de Miño e á creación dunha Organización estable para a súa xestión. Convocados polo alcalde do Concello de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez a unha xuntanza co motivo de buscar apoios de cara á creación dun ente que xestione e explote as instalacións públicas municipais do Parque Náutico de Galicia sito en Castrelo de Miño, para a promoción das actividades deportivas, turísticas, socioculturais e de ocupación do tempo libre acudiron a Castrelo de Miño as seguintes institucións, a cuxas sedes centrais acudira anteriormente o alcalde para recabar o seu apoio.
Asistiron e asinaron:
D. Plácido Álvarez Dobaño, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense en nome e representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.
D. Mario Guede Fernández, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, en nome e representación da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia actuando en exercicio do seu cargo.
D. Manuel Arias Carral, secretario xeral da Subdelegación del Gobierno de España en Ourense en nome e representación da Subdelegación del Gobierno actuando en exercicio do seu cargo.
D. Agustín Sevilla Briceño, Conselleiro técnico de Presidencia da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.
D. Alfonso Luengo Álvarez-Santullano, Subdirector General de Infraestruturas deportivas y Administración Económica do Consejo Superior de Deportes en representación deste e actuando en exercicio do seu cargo.
D. Xosé Henrique Costas González, vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.
D. José Prada Álvarez, Presidente da Federación Galega de Remo en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.
D. Fernando Climent Huerta, Presidente da Federación Española de Remo en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.
D. Luis Pertierra Fernández, Xefe de Operación Centralizada Unidade Hidráulica Gas Natural Fenosa, en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

