Pavillón municipal
Para isto foron necesarias unha serie de reparacións, xa que tanto o teito como a recollida de augas estaban en moi malas condicións; houbo que repintar as pistas, mellorar as instalacións e os vestiarios, e adquirir novo material deportivo.
O Pavillón Municipal de Castrelo de Miño sito nas inmediacións do Colexio de Castrelo de Miño (Astariz) permanece aberto de luns a venres de 18:00 a 22:00 horas. Dentro dos servizos do Pavillón Municipal atópanse as escolas deportivas de Atletismo, Fútbol Sala Feminino e Masculino, Baloncesto e Ciclismo.
Tamén hai clases de Ximnasia Suave os martes e xoves ás 18:30 horas, Ximnasia de Mantemento tódolos martes e xoves ás 19:30 e 20:30 horas e Taichi os luns ás 19:00 horas.
Pero o Pavillón non é soamente para o deporte senón que é un espazo multiusos no que celebran ó acollido festas como o fin de ano, o magosto ou a festa de Reis; e eventos musicais coma o Ribeiro Rock.
Mellora de equipamentos
As melloras no equipamento do pavillón son evidentes, e na actualidade conta con auga quente nas duchas, saunas nos vestiarios masculino e feminino, steps para a práctica de ximnasia, un completoxogo de pesas, unha máquina de pesas multiusos e no 2011 incorpóranse unha serie de máquinas para exercicios cardiovasculares, en concreto 2 cintas de carreira, 2 bicicletas estáticas, 2 elípticas e 2 plataformas vibratorias.
Xogos Biosaludables
Os xogos biosaudables son unha serie de aparatos orientados a práctica do exercicio físico, dun xeito sinxelo, divertido e accesible a todo o mundo. Hai diversos aparatos para exercitar as distintas partes do corpo e as diferentes calidades como a forza, a coordinación, a resistencia ou a flexibilidade, destacando sempre a facilidade no seu uso.
A zona de xogos biosaudables está situada a carón do pavillón municipal de deportes, e como os aparatos están ó aire libre poden utilizarse en calquera momento, sen limitación de horarios. Así, poden ser un complemento ou unha alternativa ás escolas e actividades deportivas que se desenvolven no propio pavillón municipal.
A práctica de deporte de xeito habitual axuda a previr e coidar diversas doenzas e a mellorar a calidade de vida das persoas, así que fai deporte!
Ximnasia de mantemento
Esta foi a actividade que mellor acollemento tivo e máis participación mantén. Comezaron a organizarse no ano 2008 e participan veciñas e veciños de tódalas idades, habendo grupos específicos para os maiores.








