Equipos

Castrelo de Miño C.F.

O equipo bota a andar con 21 rapaces do concello de Castrelo de Miño, de entre 16 e 31 anos e que conforman un grupo heteroxéneo das distintas localidades do concello. Na dirección deportiva comezou Xosé Gabriel Alberte Diéguez, adestrador e árbitro en distintas categorías durante máis de 13 anos.

O Castrelo de Miño C.F. é así un lugar de integración da mocidade do concello, onde compartir as súas inquedanzas e formarse en valores como o esforzo, o compañeirismo ou o deporte saudable.

Pero ademais da mocidade, o Castrelo de Miño C.F quere involucrar a toda a poboación do concello, recuperando para tódolos veciños a posibilidade de gozar do seu equipo participando nunha competición oficial.

Así que achegádevos todos ao campo Xan Pereiro para animar ó voso equipo!

Castrelo de Miño F.S. Femenino

O equipo está composto por 22 xogadoras, adestradas por Emilio Vázquez e José Nieves. Unhas rapazas que ocupan o seu tempo de lecer de forma activa, comparten os valores do deporte en equipo e superan estereotipos, contribuíndo á igualdade entre homes e mulleres.

Na tempada 2010/2011 ante a inexistencia dunha liga en Ourense, a directiva do club, con Maribel Rodríguez na presidencia, decide participar na Liga Autonómica feminina, levando o nome de Castrelo de Miño por todo o territorio galego.

Para o Concello de Castrelo de Miño foi un orgullo que este equipo xurdira dunha das súas escolas municipais.