Dinamización cultural
Castrelecer
Este programa de actividades desenvolvese na época estival, incluíndo actividades co
- Sesión de teatro en Macendo.
- Animación de rúa en Cortiñas (no Club Náutico).
- Cinema de noite en Cortiñas (na terraza das piscinas).
- Obradoiro de instrumentos musicais en Astariz.
- Elaboración de galletas en Prado de Miño (no Penedo da Forca).
- Globoflexia en Cortiñas.
- Actuación musical en Cortiñas.
- Discoteca móbil en Cortiñas.
- Noite de maxia en Cortiñas.
- Teatro en Prado de Miño.
- Cinema en Macendo.
- Obradoiro de astronomía no campo da festa de Macendo.
- Obradoiro de fotografía en Prado de Miño (no Penedo da Forca).
- Charla de Candido Pazó en Cortiñas.
- Cinema de noite en Astariz.
Cinema ao aire libre
O cine voltou a Castrelo de Miño organizando proxeccións ao aire libre en tódalas parroquias en épocas estivais.
Educamóbil
Tódolos anos instálase no Parque Náutico de Castrelo de Miño o vehículo “Educamóbil”; onde rapaces de entre 4 e 11 anos poden gozar de xogos informáticos e de lecer durante case 4 horas. As actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música e xogos, e os rapaces están atendidos en todo momento por persoal cualificado.
Concentración de coches clásicos
A 1ª concentración de coches clásicos realizouse en Cortiñas a comezos de decembro do 2007 e sucedeuse en anos vindeiros, celebrando a 4º edición no ano 2010. Os participantes realizan un percorrido polo concello, rematando na zona do Club Náutico.
Ourense lúdico
Desde 2009 Castrelo de Miño é un dos concellos incluídos dentro do Programa “Ourense Lúdico”, organizado pola ASPGP e a Deputación de Ourense.
Monitores profesionais foron os encargados de realizar para tódolos nenos de 3 a 14 anos actividades artísticas e lúdicas como: Recortables, Papiroflexia, Globoflexia, Modelado, Pintura, Reciclaxe, Cestería, Tear, Xogos Tradicionais, Tridimensionais, Obradoiros variados, Xogos Cooperativos, Sendeirismo, Xornalismo, Radio, etc.
As actividades realizanse tódolos xoves dos meses de agosto, setembro e outubro no entorno do Parque Náutico.
Xogos tradicionais
Desde 2008 realízanse actividades de recuperación de xogos tradicionais en Castrelo de Miño.
Unha das actividades consistiu nun obradoiro de xogos tradicionais, destinado principalmente aos maiores, co fin de que puideran compartir os seus recordos cos cativos. A xornada estivo amenizada, ademais de con xogos tradicionais, con música e un pequeno aperitivo.
Noutras xornadas maiores, medianos e cativos gozan dunha divertida tarde de xogos e recuperan folgos cunha amena merenda.
Pazolandia
Tódolos anos, nas datas de Nadal, o Concello de Castrelo de Miño invita aos seus veciños máis novos a asistir ao parque de atraccións máis grande de Galicia.
Bailes de salón
No ano 2010 comezáronse a impartir clases de bailes de salón tódolos sábados no Pavillón Municipal, para todos aqueles interesados en aprender esta modalidade de baile.
Outras actividades culturais
Desde 2007, o Concello de Castrelo de Miño participa en distintos circuitos culturais que permiten asistir no noso propio concello e en distintas parroquias, a representacións teatrais, actuacións de maxia, monólogos ou actuacións de monicreques e marionetas.




