Aula de dinamización de Novas tecnoloxías
O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Xunta de Galicia puxo en marcha no pasado mes de marzo a Aula de Novas Tecnoloxias pertencente Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT, para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a sociedade da información, así como para contribuir a impulsar o emprego, a competitividade empresarial e o eGoberno en Galicia.
A oferta de servizos da rede comprende tres áreas:
FORMACION
- Formación presencial: impartirase directamente dende os centros da rede para o que se definirán accións de formación tales como as que se detallan a continuación:
- Formación en alfabetización dixital
- Formación avanzada profesionais TIC
- Formación multimedia e audiovisual
- Formación on-line: permitirá aos cidadáns realizar actividades formativas a través dun centro virtual de formación con dúas funcións complementarias: titorización e interacción.
ACTIVIDADES DE DIFUSION
Organización de charlas e xornadas de sensibilización e divulgación das actividades da Rede, a captación de usuarios e introdución a temas relacionados coas novas tecnoloxías serán actividades que forman parte da carta de servizos da nova rede e que serán planificadas en función das necesidades e demandas detectadas.
AULA ABERTA
Os centros da rede tamén se converterán en “aulas abertas”, auténticos espazos nos que os seus usuarios/as, dentro dun horario establecido, poderán acceder libre e gratuitamente á utilización das aulas, para o que contarán co apoio e asesoramento dos axentes TIC.
Os usuarios da rede CEMIT poderán mellorar as súas habilidades na área das novas tecnoloxías en temas como a orientación laboral, as redes sociais, o comercio e banca, ocio e servizos da rede, a administración electrónica, a xestión de empresas, equipamento TIC e conectividade, ofimática, seguridade TIC,alfabetización dixital, multimedia e audiovisual, comunicacións TIC,deseño gráfico e tratamento de imaxes e formación TIC avanzada.
A aula de Castrelo de Miño conta co seguinte horario de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas, sendo de 16:00 a 18:00 horario de aula aberta e adicando o horario de 16:00 a 20:00 a accións formativas.
Para inscripcións e máis información: Complexo de Turismo Náutico, s/n. 1º Andar. Castrelo de Miño.
Telf: 988493225. mailto:dinamizacastrelo@gmail.com



