Outras seccións
Avda. Alejandro Ferrer: 18 | 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf: 988 493 000 | Fax: 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.org | Web: www.castrelo.org
22.Febreiro.12
Novas
Ámbolos dous equipos remataron os seus partidos cun empate.
O sábado día 18 as rapazas xogaron na casa contra o Caldelao equipo que se encontra no segundo posto da liga, foi un partido moi disputado; comezou marcando o equipo rival os poucos minutos do comezo, pero enseguida as rapazas do Castrelo reaccionaron, loitando cada un dos balóns que collían, logrando así a pase de Laura marcar o primeiro tanto por Martina; os poucos minutos de este tanto veu xa o segundo marcado por Laura. O resto do partido foi moi intenso, con grandes xogadas, por parte dos dous equipos, e ante a insistencia do rival a falta de 50 segundos para o remate empataron o encontro, o Castrelo non se rendeu e aínda tivo tempo de dous tiros a porta contraria, pero a gran efectividade da porteira do Caldelao fixo imposible marcar. O encontro rematou co resultado de 2-2.
Podedes ver as fotografías deste encontro no Facebook do Concello.
Os rapaces xogaron na casa contra o C.F. Os Chaos, un partido intenso que rematou cun 1-1.