Castrelo en Marcha: 4º Marcha a pé de Castrelo de Miño

11.Novembro.11 

Novas 

Inscríbete na Casa do Concello ou no Pavillón Municipal. 

O vindeiro domingo 13 de novembro celebrarase a 4º edición da marcha a pé de Castrelo de Miño.

A saída da andaina será dende o Pavillón Municipal de Castrelo en Astariz ás 10 da mañá. Poderedes recoller o voso dorsal a partires das 9:30.

A Ruta Oficial terá un percorrido de 20 quilómetros mentres que a Ruta Curta constará de 4 quilómetros.

As inscricións deben facerse na Casa do Concello de Castrelo de Miño ou no Pavillón Municipal e realizando un ingreso de 10€ en Novacaixagalicia na conta do clube deportivo Castrum Minei 2080 5289 29 3040003623, indicando o voso nome, apelidos e teléfono. A data de inscrición será do día 1 ao 10 de novembro de 2011.

Tódolos participantes disfrutarán de avituallamento durante a proba, xantar o remate e un agasallo conmemorativo.

Animádevos a vir e si tendes unha mascota tamén pode participar. A mascota terá tamén un agasallo.