Outras seccións
Avda. Alejandro Ferrer: 18 | 32430 Castrelo de Miño (Ourense)
Telf: 988 493 000 | Fax: 988 493 100 | E-mail: concello@castrelo.org | Web: www.castrelo.org
22.Febreiro.12
Novas
O derradeiro domingo de cada mes celébrase a tradicional feira de Castrelo. A feira deste mes estará adicada aos alimentos labregos.
Labregos e labregas chegados de todo o País dannos a coñecer na Feira de Castrelo ás súas produccións. Alimentos frescos e transformados que proceden directamente das súas explotacións, e que ofrecen á cidadanía sen ningunha manipulación que non fose feita por eles, que son quen producen e quen transforman.
E como xa é habitual no recinto feiral haberá:
Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega...)
25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.
Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.