Castrelo SMS
O Concello de Castrelo de Miño dispón dun servizo de información ao cidadán a través de avisos personais e mensaxes curtas, chamado Castrelo SMS, sendo totalmente gratuito e non comprometendo absolutamente a nada.
Calquera interesado poderá abonarse cubrindo o seguinte formulario de alta.
Grazas ao servizo Castrelo SMS tódolos abonados terán información en tempo real de calquera noticia que poida interesarlles: bandos, convocatorias, cursos, subvencións, concursos, actos ou eventos culturais, deportivos, de ocio, etc.
A través do teléfono móbil: Calquera interesado só ten que darnos o seu número de móbil e nós mandarémoslle toda a información a través de mensaxes curtas, os coñecidos como "sms".
Por correo electrónico: Se o prefire, pode darnos o seu enderezo de correo electrónico e mandarémoslle aí a información. Este sistema é moito máis completo que as mensaxes "sms" xa que permite enviar máis información. Tamén é máis práctico para aquelas persoas que residen gran parte do ano no estranxeiro, pois se ben non poderían recibir os "sms", sí recibirían a información por e-mail, o que lles suporía estar ao día de todo o que pase en Castrelo de Miño como se estivesen vivindo aquí, aínda que se atopen a miles de kilómetros.
